Vincularche como socio ao club permitirá que co teu apoio moitas persoas poidan practicar un deporte onde o traballo en equipo e valores como a solidariedade, o compañeirismo e a integración sempre están presentes.
Os socios do club estarán exento do pago de cota das escolas deportivas para o seu primeiro fillo e obterán importantes descontos nos seguintes así como na cota de inscrición en competicións FEB, campus e noutros eventos organizados polo Club.
Apoiar a categorías de base para o seu crecemento é moi gratificante.
Poderás coñecer as actividades do Club, expoñer as túas opinións, asistir ás asembleas de socios, contribuír ao sostemento do Club, etc.