Quen somos

CEDEIRA BASKET CLUB nace en febreiro de 2022 e retoma o camiño andado polo anterior Club de baloncesto existente en Cedeira.

O noso obxectivo principal é que todos os nenos e nenas de Cedeira e Municipios limítrofes teñan acceso á práctica de baloncesto.

O Club inicia a súa andaina cunha xunta directiva formada por persoas residentes en Cedeira e amantes do baloncesto que decidimos achegar esforzo e dedicación para fomentar os valores que este deporte leva implícitos como solidariedade, compañeirismo, integración, traballo en equipo, etc.

Quixésemos destacar tamén que todos os ingresos que o Club consiga destinaranse á formación deportiva e humana dos xogadores, non existindo cargos directivos remunerados.

Cremos que o deporte debe estar ao alcance de todos os estamentos sociais, e para iso, tentaremos crear todas as actividades ao menor custo posible para os nenos/as.

Pretendemos crear unha escola de baloncesto e impulsar actividades extraescolares en colaboración coas ANPA dos municipios para que todo o mundo practique este deporte.

XUNTA DIRECTIVA

  • PRESIDENTE

    D. Juan Manuel García Pérez

  • VICEPRESIDENTE

    D. Juan Ángel Galdo Díaz

  • SECRETARIO

    D. José Luis Pérez Otero

  • TESOUREIRO

    D. Félix Alberto Fraguela Santos

  • VOGAL

    D. Edorta López Suárez

  • VOGAL

    D. Gonzalo Pérez Otero

  • VOGAL

    D. José Antonio García Villar

  • VOGAL

    D. Bernardino López Rodríguez

PATROCINADORES

SOCIOS COLABORADORES

Primer nivel

Segundo nivel

Tercer nivel

Cuarto nivel

¿Quieres colaborar con CEDEIRA BASKET CLUB?
DESCUENTOS PARA SOCIOS
Abrir chat
💬 ¿Necesitas ayuda?
Escanea el código
Hola 👋🏽
¿En qué podemos ayudarte?